Dicionario RAG - Acceso ao Dicionario da Real Academia Galega
Plugin de WordPress que permite acceder ao dicionario oficial da Real Academia Galega vía interface gráfica, ante a ausencia de API pública. Inclúe definicións, conxugacións verbais e funcionalidade completa.
by Anxo Sanchez Garcia · github.com/sanchezanxo/dicionario-rag · website
Install
No release zip yet. The repository archive installs, but the folder name will carry the branch suffix and updates will not flow:
wp plugin install https://github.com/sanchezanxo/dicionario-rag/archive/refs/heads/main.zipDicionario RAG - Plugin de WordPress
Un plugin de WordPress que permite acceder ao dicionario oficial da Real Academia Galega (RAG) cunha interface moderna e responsiva.
Aviso legal
Este plugin desenvolveuse unicamente con fins educativos e experimentais. O seu propósito é demostrar como se pode integrar información léxica nun sitio web WordPress.
Este plugin realiza scraping da web da Real Academia Galega (https://www.academia.gal), pero esa web está protexida por dereitos de propiedade intelectual e prohíbe explicitamente a extracción, reutilización ou redistribución dos seus contidos, segundo o seu aviso legal oficial.
O uso deste plugin para acceder, extraer ou mostrar contidos da web da RAG sen autorización expresa pode violar as súas condicións de uso e/ou a lexislación vixente.
O autor deste plugin non se responsabiliza do uso que cada persoa faga del. Cada usuario é o único responsable de asegurarse de cumprir coa legalidade e coas condicións de uso dos sitios web cos que interactúe.
Recoméndase encarecidamente solicitar permiso á Real Academia Galega antes de empregar este plugin para acceder aos seus contidos. https://github.com/sanchezanxo/dicionario-rag/blob/main/README.md
Descrición
Este plugin permite aos usuarios buscar definicións de palabras en galego e conxugacións verbais directamente dende o teu sitio WordPress. Consulta a web oficial do dicionario da RAG e mostra os resultados nun formato limpo e adaptado a móbiles.
Funcionalidades
- Busca de definicións de palabras galegas
- Conxugacións verbais completas
- Deseño responsivo para todos os dispositivos
- Interface que herda os estilos do tema
- Fonte de datos oficial da RAG
- Buscas mediante AJAX
- Integración con shortcode
Requisitos
- WordPress 5.0 ou superior
- PHP 7.4 ou superior
- Conexión a internet activa
Instalación
- Descarga os ficheiros do plugin
- Sobe o cartafol
dicionario-raga/wp-content/plugins/ - Activa o plugin desde o panel de administración de WordPress
- Usa o shortcode
[dicionario_rag]en calquera entrada ou páxina
Uso
Engade o shortcode [dicionario_rag] en calquera entrada, páxina ou widget onde queiras que apareza o formulario de busca do dicionario.
Os usuarios poden:
- Escribir unha palabra en galego no campo de busca
- Premer en "Definición" para ver os significados e exemplos
- Premer en "Conxugación" para ver a conxugación verbal completa
Detalles técnicos
- Conexión coa web de academia.gal
- Caché das consultas (transients) e límite de peticións por IP para non sobrecargar a web da RAG
- HTML da RAG filtrado con
wp_kses, entrada validada e saída escapada - O CSS e o JS só se cargan nas páxinas co shortcode
- Disposición responsiva mediante CSS grid
- Xestión de erros e rexistro de logs
Estilos
O plugin herda a tipografía, as cores, os botóns e os títulos do tema activo, tanto en temas clásicos como de bloques. As cores secundarias (bordos e fondos) calcúlanse a partir da cor do texto, polo que funcionan tamén en temas escuros.
Para axustalo dende o tema pódense sobrescribir estas variables CSS:
.dicionario-rag-container {
--dicionario-rag-accent: var(--wp--preset--color--accent-1);
--dicionario-rag-radius: 0;
}
Variables dispoñibles: --dicionario-rag-accent, --dicionario-rag-border, --dicionario-rag-surface, --dicionario-rag-muted, --dicionario-rag-error, --dicionario-rag-radius, --dicionario-rag-gap e --dicionario-rag-small.
Capturas de pantalla
- Interface principal de busca
- Visualización dos resultados de definición
- Táboas de conxugación verbal
- Vista responsiva en dispositivos móbiles
Rexistro de cambios
1.1.0
- Estilos que herdan do tema, caché, límite de peticións, filtrado do HTML da RAG e corrección do parseado das definicións. Detalles en CHANGELOG.md
1.0.0
- Versión inicial
- Funcionalidade de busca de definicións
- Función de conxugación verbal
- Interface responsiva
- Implementacións de seguridade
Licenza
Este plugin distribúese baixo a licenza GPL v2 ou posterior.
Créditos
- Datos do dicionario fornecidos pola Real Academia Galega
- Desenvolto por Anxo Sánchez
Soporte
Para problemas ou dúbidas, visita o repositorio do plugin ou contacta co desenvolvedor.