WP Manifestindependent plugin directory
manifest / content / wp-show-links-as-posts

Wordpress Show Links as Posts

Plugin de WordPress para publicar ligazóns externas como se fosen entradas do blog e amosalas xunto ás entradas normais.

by IPardelo · github.com/ipardelo/wp-show-links-as-posts · website

★ 0stars
0forks

Install

No release zip yet. The repository archive installs, but the folder name will carry the branch suffix and updates will not flow:

wp plugin install https://github.com/ipardelo/wp-show-links-as-posts/archive/refs/heads/main.zip

WordPress Wordpress
Show Links as Posts

Plugin de WordPress para publicar ligazóns externas como se fosen entradas do blog.

Por que

Cando un xornal fala da túa web ou do teu traballo, o normal é querer que esa noticia apareza no blog, na mesma lista ca o resto de entradas. Pero escribir unha entrada enteira só para poñer «lede a noticia aquí» non ten sentido. Este plugin crea entradas-ligazón: teñen título, data, imaxe destacada e unha URL, e ao premelas levan directamente á noticia orixinal.

Funcionalidades

  • Engade un botón Engadir ligazón ao lado de «Engadir entrada» na lista de entradas (e submenú Entradas → Engadir ligazón).
  • Formulario sinxelo: título, ligazón, data e hora, imaxe destacada, categorías e estado.
  • Imaxe destacada da mediateca de WordPress ou desde unha URL externa.
  • Opción de abrir a ligazón nunha nova lapela.
  • As ligazóns son entradas normais (formato Ligazón): saen na portada, arquivos, categorías, bloques e RSS de calquera tema sen tocar nada.
  • O permalink da entrada é a URL externa; se alguén chega á URL interna, redirixe á noticia.
  • Na lista do escritorio: etiqueta — Ligazón, vista Ligazóns (n) para filtralas e «Editar» abre o formulario propio en vez do editor de bloques.
  • Importar / Exportar ligazóns en CSV dende Ferramentas: importa descargando as imaxes á mediateca e sen duplicar as que xa existen, e exporta todas as ligazóns no mesmo formato.
  • Shortcode [posts-wp-show-links-as-posts] cunha lista en tarxetas de entradas e ligazóns mesturadas, con paxinación e filtros.
  • As ligazóns non se inclúen no sitemap de WordPress.

Configuración

Requisitos

WordPress 5.9 ou superior
PHP 7.4 ou superior
Base de datos A de calquera instalación estándar (non crea táboas propias)

Instalación: Opción A — Subir un ZIP dende o escritorio

  1. Comprime a carpeta do plugin nun ficheiro .zip.
  2. No escritorio de WordPress: Plugins → Engadir novo → Subir complemento.
  3. Escolle o ZIP, preme Instalar agora e despois Activar.

Instalación: Opción B — FTP ou xestor de ficheiros do aloxamento

  1. Sube a carpeta completa a wp-content/plugins/wp-show-links-as-posts/.
  2. No escritorio: Plugins e activa Wordpress Show Links as Posts.

O plugin non crea táboas: garda os datos de cada ligazón como metadatos da propia entrada.

Meta Contido
_wpslap_url URL externa (é o que marca unha entrada como ligazón)
_wpslap_image_url URL da imaxe destacada externa (se non se usa a mediateca)
_wpslap_new_tab 1 se se abre nunha nova lapela

Uso

1. Engadir unha ligazón

En Entradas preme Engadir ligazón (ao lado de «Engadir entrada») e enche o formulario:

Campo Para que serve
Título O título que se amosa na lista, por exemplo o titular da noticia.
Ligazón URL á que leva a entrada (http ou https).
Abrir nunha nova lapela Marcado por defecto.
Data e hora Data coa que se ordena na lista. Se é futura, a ligazón queda programada.
Imaxe destacada Sen imaxe, Da mediateca ou Desde unha URL, con vista previa.
Categorías As mesmas categorías ca as entradas normais.
Estado Publicada, pendente de revisión, borrador ou privada.

Os usuarios sen permiso para publicar (colaboradores) gardan as ligazóns como pendentes de revisión.

2. Xestionar as ligazóns

As ligazóns aparecen na lista de Entradas mesturadas coas demais:

  • Levan a etiqueta — Ligazón ao lado do título.
  • Enriba da lista hai unha vista Ligazóns (n) para ver só as ligazóns.
  • Premer no título ou en Editar abre o formulario de ligazón. Edición rápida, Ver e Papeleira funcionan como sempre (Ver abre a noticia externa).

3. Como se ven na web

Sen facer nada, o tema amosa as ligazóns como calquera outra entrada. O título e a imaxe levan directamente á URL externa, e funcionan as funcións estándar (the_permalink(), has_post_thumbnail(), the_post_thumbnail(), get_the_post_thumbnail_url()) e os bloques Título da entrada e Imaxe destacada.

4. Amosar a lista co shortcode

O shortcode é:

[posts-wp-show-links-as-posts]
Onde Como
Editor de bloques Bloque Shortcode con [posts-wp-show-links-as-posts]
Widgets Bloque de texto ou HTML co shortcode
Tema clásico <?php echo do_shortcode('[posts-wp-show-links-as-posts]'); ?> no modelo que queiras
Elementor e outros construtores Widget Shortcode co mesmo texto

Amosa entradas normais e ligazóns mesturadas por orde de data, en tarxetas con imaxe, medio de orixe (só nas ligazóns), título, botón e data. En móbil a imaxe pasa a ir enriba.

Atributos opcionais:

Atributo Valores Por defecto
cantidade entradas por páxina (máx. 100) 10
tipo todas, ligazons, entradas todas
categoria slug(s) de categoría separados por comas —
paxinacion si, non si
extracto si, non: extracto das entradas normais non
dominio si, non: etiqueta co medio da ligazón si
formato_data formato de data de PHP d/m/Y H:i
texto_ligazon texto do botón das ligazóns «Ir á noticia»
texto_entrada texto do botón das entradas normais «Ler entrada»
cor cor de acento en hexadecimal #b3141b
[posts-wp-show-links-as-posts cantidade="5"]
[posts-wp-show-links-as-posts tipo="ligazons" categoria="prensa"]
[posts-wp-show-links-as-posts extracto="si" paxinacion="non"]
[posts-wp-show-links-as-posts cor="#1f5fa8" texto_ligazon="Ler no xornal"]

A paxinación usa o parámetro wpslap_paxina na URL, así que non choca coa paxinación do tema.

5. Importar / Exportar ligazóns

En Ferramentas → Importar / Exportar ligazóns (xusto debaixo de Importar e Exportar de WordPress) podes crear moitas ligazóns dunha vez ou descargalas todas.

Importar

O CSV leva unha fila por ligazón e unha cabeceira con estas columnas (en calquera orde):

data,hora,titulo,ligazon,imaxe,categorias
24/10/2025,00:02,«Brazaletes» chegará a oito municipios da provincia,https://www.lavozdegalicia.es/…,https://…/imaxe.png,Prensa
Columna Contido
data dd/mm/aaaa ou aaaa-mm-dd. Se está baleira, úsase a data actual.
hora hh:mm (tamén vale hh.mm). Opcional.
titulo Obrigatorio.
ligazon Obrigatorio (http ou https).
imaxe URL da imaxe destacada. Opcional.
categorias Nomes separados por comas. Opcional: as que non existen créanse; se está baleira úsase a categoría por defecto da importación.

Tamén recoñece os nomes en inglés e castelán (date, time, title, link / url, image…). Serve separado por comas ou por punto e coma (o CSV que garda Excel), en UTF-8 ou en Windows-1252.

Opcións da importación:

Opción Que fai
Imaxes Descargalas á mediateca (recomendado), usar a URL externa ou non importalas. Se unha imaxe non se pode descargar, úsase a súa URL. As imaxes repetidas só se descargan unha vez.
Categoría por defecto Categoría para as filas que non traen categorias.
Estado Publicadas ou borrador.
Nova lapela Se as ligazóns se abren nunha nova lapela.

Ao rematar amósase unha táboa co resultado de cada fila (creada, omitida ou erro).

As ligazóns cuxa URL xa existe na web omítense, así que importar dúas veces o mesmo ficheiro non duplica nada.

Exportar

O botón Descargar CSV descarga todas as ligazóns publicadas (ou tamén os borradores, pendentes, privadas e programadas, se marcas a opción) nun CSV co mesmo formato que acepta o importador. Serve como copia de seguridade ou para levar as ligazóns a outra web: a imaxe exportada é a URL da mediateca ou a externa.

Personalización (CSS)

O aspecto da lista sae de variables CSS definidas en assets/shortcode.css. Podes sobrescribilas no CSS do teu tema sen tocar o plugin:

.wpslap-wrap {
  --wpslap-accent: #b3141b;          /* botón, etiqueta do medio, paxinación */
  --wpslap-bg: #fff;                 /* fondo das tarxetas */
  --wpslap-text: #1f1f1f;            /* título e icona do calendario */
  --wpslap-muted: #6b6b6b;           /* data e extracto */
  --wpslap-radius: 12px;             /* bordos redondeados */
  --wpslap-media: 200px;             /* ancho da imaxe */
}

Cada tarxeta ten as clases .wpslap-card e .wpslap-card--link ou .wpslap-card--post. Nas listas do tema, as ligazóns levan a clase .wpslap-link (e .format-link) para darlles un estilo propio.

Preguntas frecuentes

Non vexo o botón «Engadir ligazón». Só aparece na lista de Entradas e para usuarios que poden editar entradas. Tamén está no menú Entradas → Engadir ligazón.

Ao premer «Editar» nunha ligazón non se abre o editor de bloques. É intencionado: as ligazóns non teñen contido, así que se editan no seu propio formulario.

A imaxe desde URL non se ve no meu tema. Algúns temas pintan a imaxe destacada a partir do ID do adxunto (wp_get_attachment_image()) en vez de coas funcións de miniatura. Nese caso usa unha imaxe da mediateca.

Que pasa se desactivo o plugin? Non se borra nada. As ligazóns quedan como entradas normais sen contido e volven levar á súa propia URL. Ao reactivalo volven funcionar como ligazóns.

Ao importar, as imaxes quedan «desde URL» en vez de na mediateca. O servidor non puido descargalas (é habitual en instalacións locais como MAMP ou XAMPP se PHP non ten certificados SSL). As ligazóns créanse igual coa URL externa; se máis adiante queres a imaxe na mediateca, edita a ligazón e escóllea.

Quero que a ligazón abra na mesma lapela. Desmarca Abrir nunha nova lapela no formulario desa ligazón.

Estrutura do proxecto

wp-show-links-as-posts/
├── wp-show-links-as-posts.php      # Cabeceira do plugin, constantes e funcións auxiliares
├── includes/
│   ├── class-wpslap-admin.php      # Botón, formulario, gardado e integración coa lista de entradas
│   ├── class-wpslap-frontend.php   # Permalink externo, imaxe por URL, redirección e nova lapela
│   ├── class-wpslap-shortcode.php  # Shortcode [posts-wp-show-links-as-posts] e HTML das tarxetas
│   └── class-wpslap-importer.php   # Importación e exportación de ligazóns en CSV
└── assets/
    ├── admin-list.js               # Inserta o botón «Engadir ligazón»
    ├── admin-form.js               # Selector da mediateca e vistas previas
    ├── admin-form.css              # Estilos do formulario
    ├── shortcode.css               # Estilos das tarxetas e variables de personalización
    └── img/                        # Capturas de mostra

Historial de versións

Versión Cambios
1.0.0 Versión inicial.

Licenza

GPL-2.0-or-later. Consulta o texto da licenza en gnu.org.

Autor

Ismael Castiñeira

VIVA GHALISIA E A COSTA DA MORTE! 💀