WP Manifestindependent plugin directory
manifest / content / wp-score-ticker

Wordpress score ticker

Plugin de WordPress que mostra un ticker horizontal con resultados de partidos (dous equipos e marcador).

★ 0stars

Install

Download source zip No release zip yet

This is the repository archive. It installs, but the folder name will carry the branch suffix and updates will not flow.

Install straight from GitHub with WP-CLI:

wp plugin install https://github.com/ipardelo/wp-score-ticker/archive/refs/heads/main.zip
No built-in updater. New versions won't appear under Dashboard → Updates. Install new releases yourself, or let Git Updater track the repository.

WordPress Wordpress
Score ticker

Plugin de WordPress que amosa un ticker horizontal cos resultados dos partidos (dous equipos e marcador) desprazándose de dereita a esquerda.

wp-score-ticker

Por que

Fíxeno para un amigo que tiña unha web de deportes co tema Kings Club. Ese tema traía na parte superior un ticker cos partidos, pero quedou deprecado e sen soporte. Este plugin recupera esa funcionalidade de xeito independente do tema.

Funcionalidades

  • Ticker horizontal con desprazamento automático e bucle infinito.
  • Frechas de navegación (anterior / seguinte) que avanzan tarxeta a tarxeta.
  • Pausa automática ao pasar o rato por enriba.
  • O partido máis recente márcase cun distintivo novo intermitente.
  • Panel de administración propio para engadir, editar e eliminar partidos.
  • Datas formatadas segundo o idioma do sitio (determine_locale()).
  • Endpoint REST propio, listo para consumir dende outros sitios ou apps.
  • Traducíbel (.pot incluído; tradución ao galego incluída).
  • Estilo personalizábel con variables CSS, sen tocar o código do plugin.

Configuración

Requisitos

WordPress 5.6 ou superior
PHP 7.2 ou superior
Base de datos MySQL / MariaDB (a de calquera instalación estándar)
REST API activa (non bloqueada por plugins de seguridade)

Instalación: Opción A — Subir un ZIP dende o escritorio

  1. Comprime a carpeta do plugin nun ficheiro .zip.
  2. No escritorio de WordPress: Plugins → Engadir novo → Subir complemento.
  3. Escolle o ZIP, preme Instalar agora e despois Activar.

Instalación: Opción B — FTP ou xestor de ficheiros do aloxamento

  1. Sube a carpeta completa a wp-content/plugins/wp-score-ticker/.
  2. No escritorio: Plugins e activa Wordpress score ticker.

Ao activar, o plugin crea automaticamente a súa táboa na base de datos e insire tres partidos de exemplo se a táboa está baleira. Se a táboa desaparecese, vólvese crear soa no seguinte plugins_loaded.

Uso

1. Engadir partidos

Entra en Resultados ticker (icona no menú lateral do escritorio) e engade, edita ou elimina partidos. Cada partido ten data, dous equipos e os seus marcadores. Só os usuarios con permiso manage_options poden xestionalos.

No ticker os nomes dos equipos amósanse abreviados ás tres primeiras letras en maiúsculas (DEPORTIVO → DEP).

2. Amosar o ticker na web

O shortcode é:

[score_ticker]
Onde Como
Editor de bloques Bloque Shortcode con [score_ticker]
Widgets Bloque de texto ou HTML co shortcode
Tema clásico <?php echo do_shortcode('[score_ticker]'); ?> en header.php
Elementor e outros construtores Widget Shortcode co mesmo texto

En temas fillo é mellor facer os cambios no fillo para non perdelos ao actualizar o tema.

3. Colocalo na cabeceira, ao carón do logo

O ticker é un elemento flex (flex: 1 1 auto), así que abonda con envolver logo e shortcode nun contedor flexíbel:

<div class="cabecera-con-ticker" style="display:flex;align-items:stretch;">
  <!-- aquí o logo ou o menú -->
  <?php echo do_shortcode('[score_ticker]'); ?>
</div>

Personalización (CSS)

Todo o aspecto sae de variables CSS definidas en assets/ticker.css. Podes sobrescribilas no CSS do teu tema sen tocar o plugin:

.score-ticker-wrap--wp {
  --ticker-bg: #2b2b2b;        /* fondo das tarxetas */
  --ticker-header: #1a1a1a;    /* franxa da data */
  --ticker-nav: #151515;       /* botóns das frechas */
  --ticker-border: #3a3a3a;    /* separador entre tarxetas */
  --ticker-text: #ffffff;      /* texto */
  --ticker-overhang: 10px;     /* canto sobresae a cinta por cada lado */
  --ticker-fold: #0a0a0a;      /* cor do dobrez das esquinas */
}

Preguntas frecuentes

O ticker aparece baleiro ou con erro. Comproba que haxa partidos en Resultados ticker e que a REST API responda en /wp-json/score-ticker/v1/matches. Algúns plugins de seguridade bloquéana.

Non vexo os cambios de CSS. É caché do navegador ou dun plugin de caché. O CSS versiónase con SCORE_TICKER_VERSION: subindo esa constante fórzase a recarga.

Podo poñer dous tickers na mesma páxina? Non. O JavaScript engánchase ao id scoreTickerWp, así que só se anima o primeiro.

Aparecen só tres letras do nome do equipo. É intencionado, para que as tarxetas manteñan o mesmo ancho. Cámbiase na función abbrev() de assets/ticker.js.

Estrutura do proxecto

wp-score-ticker/
├── score-ticker.php        # Cabeceira do plugin, enqueues, REST e shortcode
├── includes/
│   ├── install.php         # Creación da táboa e datos de exemplo
│   └── admin.php           # Páxina de administración (alta/edición/borrado)
├── assets/
│   ├── ticker.css          # Estilos e variables de personalización
│   ├── ticker.js           # Animación, navegación e carga de datos
│   └── img/                # Capturas e GIF de mostra
├── languages/              # .pot, .po, .mo e script de compilación
├── sql/                    # create.sql e insert.sql
└── LICENSE

Historial de versións

Versión Cambios
1.1.2 Efecto cinta: a barra sobresae do contedor e engádese o dobrez nas esquinas inferiores (--ticker-overhang, --ticker-fold).
1.1.0 Distintivo novo no último partido, datas localizadas e pausa co rato.
1.0.0 Versión inicial: ticker, panel de administración, REST API e shortcode.

Licenza

GPL-2.0-or-later. Consulta o ficheiro LICENSE.

Autor

Ismael Castiñeira

VIVA GHALISIA E A COSTA DA MORTE! 💀